16/11/21

Entrega de premios do IV Certame de Imaxes do Patrimonio

Xa vos informamos nun post anterior de que os alumnos Daniel Campos e Icía Ferreiro da materia de Xeografía e Historia foron premiados no IV Certame de Imaxes do Patrimonio organizado pola Asociación Cultural Ponte...nas ondas!

Hoxe, 16 de novembro, coincidindo co Día Internacional do Patrimonio, tivo lugar a cerimonia de entrega de premios.

Dani e Icía viaxaron a Vigo recoller o premio acompañados dunha delegación de 20 compañeiros e compañeiras. Aquí vos deixamos unhas imaxes do momento no que explicaron as súas fotos e recolleron cadanseu premio.





Logo de recoller o premio, o público desfrutou do concerto de Ce orquestra pantasma. Unha vez rematado o acto, os alumnos e alumnas xantaron na praia de Samil e, finalmente, visitaron o Museo do Mar.


Moitos parabéns a Dani e Icía e a todas as persoas parcipantes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario