Desde a Biblioteca dámoslle os parabéns a Sara Millán Garea (alumna de 2º de bacharelato) que recibiu a Mención especial do xurado na VI edición do Certame de Ensaio Subversivo Guillermo Domínguez organizado polo IES Arcebispo Xelmírez I polo seu artigo Espellos, voces e fame.
O artigo de Sara foi publicado pola organización do certame e xa está disponible na nosa biblioteca.
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Concursos b>. Amosar todas as publicacións
25/01/19
Parabéns a Sara Millán Garea
Etiquetas:
Concursos,
Novas da biblioteca,
Traballos do alumnado
11/01/19
Gañadoras de certame Coa pel de galiña
En decembro entregamos os premios ás gañadoras do III concurso de micro-relatos de terror en lingua galega Coa pel de galiña, organizado pola Biblioteca e o Equipo de dinamización lingüística.
A gañadora do primeiro premio foi Rebeca Rivas, de 3 de ESO, e a gañadora do segundo premio foi Carlota Curra de 4 de ESO.
Moitos parabéns ás gañadoras e felicitacións para todos e todas as participantes!!
A gañadora do primeiro premio foi Rebeca Rivas, de 3 de ESO, e a gañadora do segundo premio foi Carlota Curra de 4 de ESO.
Moitos parabéns ás gañadoras e felicitacións para todos e todas as participantes!!
Etiquetas:
Actividades da biblioteca,
Concursos,
Traballos do alumnado
02/11/18
Concurso de micro-relatos Coa pel de galiña
Por terceiro
ano consecutivo a Biblioteca Carlos Nieto e o Equipo de Dinamización
Lingüistica organizar o concurso de micro-relatos de terros en lingua galega Coa
pel de galiña dirixido a todo o
alumnado do IES Plurilingüe de Ames.
Aquí tedes as bases do concurso.
Tedes de prazo ata o 3 de decembro. Animádevos a participar!!!
·
Modalidade
A: 1º E 2º de ESO // FP Básica
·
Modalidade
B: 3º e 4º da ESO
·
Modalidade
C: 1º e 2º de Bacharelato
Criterios de valoración:
·
Capacidade
para crear unha atmosfera de medo, desasosego ou terror
·
Orixinalidade
na trama, evitando tópicos argumentais e clixés narrativos
·
Terase en
conta un uso correcto da lingua galega
·
Terase en
conta a capacidade para manexar a lingua con vontade de estilo
Condicións de presentacións das
obras
Cada
participante poderá presentar un único micro-relato en lingua galega. Deberá
ser orixinal e inédito, non téndose reproducido ou difundido previamente en
ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes
sociais, etc,). Admítese, como extensión máxima do relato, un texto de 13
liñas, escrito a ordenador en formato Word con fonte Arial de tamaño 11 (sen
contar o título).
Os traballos
deberán entregarse na oficina administrativa do centro. Presentaranse sen
asinar e cun pseudónimo, e introduciranse nun sobre pechado. No exterior do
mesmo o/a participante deberá escribir “3ª edición do certame Coa pel de galiña”.
No seu interior, ademais da obra, incluirá outro sobre pechado cos seus datos
persoais (nome, apelidos, curso, teléfono e DNI).
Prazo de presentación: Remata o día 3
de decembro de 2018.
Premios: Un primeiro premio para cada
modalidade, consistente nun vale de 30 € para libros, cómics ou material
escolar a escoller nunha libraría de Bertamiráns. Ademais, se o estima
oportuno,o xurado poderá outorgar 1 accésit de 15 € por modalidade. De non
existir unha calidade mínima nos textos presentados a concurso, o premio declararase
deserto.
Xurado: Estará composto por cinco persoas;
delas, tres serán profesores/as escollidos do Equipo de Dinamización e/ou do
Equipo de Biblioteca, ademais de dous representantes do alumnado (que declaren
previamente non ter participado no concurso). A súa resolución farase pública o
mércores 12 de decembro de 2018 e será inapelable. No momento da entrega do
premio solicitarase ao alumnado galardoado o seu permiso para facerlles unha
fotografía que se publicará no blogue da Biblioteca, xunto cos textos
premiados.
Etiquetas:
Concursos,
Novas da biblioteca,
Traballos do alumnado
04/06/18
Carlos Negro Premio Xerais 2018
Etiquetas:
Concursos,
Dinamización lingüística,
Novas literarias
Entrega do Premio Clubs de Lectura de Galicia a Carlos Negro
Etiquetas:
Concursos,
Dinamización lingüística,
Novas literarias
27/04/18
Premio "Clubs de Lectura de Galicia" para Carlos Negro
Desde a Biblioteca damos a noraboa ao campañeiro Carlos Negro por ser elexido "Premio Clubs de Lectura de Galicia". Os seus libros de poesía Penúltimas Tendencias, Makinaria e Masculino Singular, foron lidos en 43 clubs de lectura galegos nos centros de ensino no curso 2016/17.
Parabéns!!!
Parabéns!!!
Etiquetas:
Concursos,
Novas literarias
04/04/18
Premios para o Club de Debate do IESP Ames
"É máis fácil dicir que se é feminista sen selo, que recoñecer que se é machista séndoo",
Natália Vázquez Leis, alumna de 1ºBach C no IES de Ames (Gañadora dun primeiro premio).
Noraboa desde a Biblioteca!
Natália Vázquez Leis, alumna de 1ºBach C no IES de Ames (Gañadora dun primeiro premio).
Noraboa desde a Biblioteca!
![]() |
Etiquetas:
Concursos,
Dinamización lingüística,
Materiais para titoría,
Novas literarias,
Recursos didácticos,
Traballos do alumnado
03/04/18
Alumnado de 1º Bacharelato participa da V Olimpíada Filosófica de Galicia
02/03/18
Amor nun Chío
Mensaxes premiadas no concurso AMOR NUN CHÍO (San Valentín).
E aquí temos as fotos dos gañadores da actividade Amor nun chío recollendo o seu premio:
Esta actividade foi organizada polo equipo de Dinamización da lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega e Literatura.
E aquí temos as fotos dos gañadores da actividade Amor nun chío recollendo o seu premio:
Esta actividade foi organizada polo equipo de Dinamización da lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega e Literatura.
09/03/15
SON DE AMES
A semana pasada publicamos as bases do concurso "Aldeas de Ames", e hoxe vos animamos a visitar o mapa sonoro xeolocalizado, onde se recollen as fotografías e sons recibidos en anos anteriores á espera de completalo cos deste ano. Preme na imaxe para ver e escoitar:
23/02/15
CONCURSO DE POESÍA E RELATO CURTO EN GALEGO
A Biblioteca Carlos Nieto e o Equipo de Dinamización Linguïstica convocan o I Concurso de Poesía e Relato Curto en Galego. Se eres alumno do IES de Ames, anímate a participar. Preme na imaxe para ver as bases do concurso:
19/02/15
CONCURSO "AS ALDEAS DE AMES"
O IES Plurilingüe de Ames, o Proxecto Aldeas e a Biblioteca Carlos Nieto convocan o concurso "As aldeas de Ames", cuxos obxectivos son:
1. A mellora no coñecemento da toponimia propia do noso Concello
2. A mellora no coñecemento da evolución histórica e territorial do noso entorno
3. A recuperación das fotografías documentais que reflicten o noso pasado
4. A configuración dun mapa sonoro que permita preservar e/ou recuperar os sons que
caracterizan a nosa paisaxe
Anímate a participar e consulta as bases premendo na imaxe:
10/02/15
LINGUA DE NAMORAR
A Xunta de Galicia convoca unha nova edición do concurso "Lingua de namorar", un concurso de mensaxes de amor dirixido á mocidade co fin de dinamizar o uso do galego nas relacións persoais e na Internet. O prazo para enviar as mensaxes remata o 22 de febreiro. Anímate a participar, e consulta as bases do concurso premendo na imaxe:
16/11/14
CANGURO MATEMÁTICO
Como sabedes, este ano
as bibliotecas escolares están adicadas ás Matemáticas. Por iso, queremos
animar ao alumnado do centro a participar no “XXI Concurso Canguro Matemático
Europeo 2015”, (concurso no que este centro participa todos os anos) que se celebrará o 24 de marzo do 2015 nos centros escolares.
Aquí vos deixamos as base do concurso, que están tamén expostas nos taboleiros
das aulas:
12/11/14
CLUB DE DEBATE
O Servizo de Normalización Lingïstica do Concello de
Ames abre o prazo para inscribir equipos na IV edición do Club de Debate, dirixido
ao alumnado de 3º, 4º de ESO, 1ª de BACH
e ciclos formativos. O prazo de inscripción remata o 28 de novembro. O equipo
da biblioteca anima ao alumnado e profesorado do centro a participar. Aquí vos
deixamos o cartel deste ano:
09/11/14
Concurso de monólogos
Estase a celebrar o IV Concurso Radiofonico de Teatro Lido de Ames "Desata a lingua". Este ano a modalidade escollida son Monólogos.
Do Ies de Ames participan tres grupos que xa tiveron unha xornada de formación (baixo a coordinación da profesora Chus García Otero) e xa montaron as pezas que neste momento se emiten por Ames Radio (FM107.2) ata o 20 de novembro en horario de: 13.30 h ás 14.30 e das 22.00 h ás 23.00 h de luns a venres.
A votación realizarase entre o 10 e o 20 de novembro (incluídos) a través do correo electrónico radioteatro@concellodeames.org ou do teléfono 981 890 452. Os votantes terán que identificarse e só se computará un voto por persoa. Podedes escoitar os monólogos no seguinte enlace:
Moito ánimo a: Javier Vila, Uxía González, Carmen Castro, Elisabeth Prieto, Luis Miguel Boquete, Aarón Casal e parabéns a Chus polo seu traballo.
Aquí vos deixamos unhas fotos do seu paso pola radio:
06/11/14
II CONCURSO DE RELATO BREVE DE TERROR EN GALEGO
A biblioteca pública Ánxel Casal convoca o II concurso de relato breve de terror en galego para persoas maiores de 14 anos. O prazo de presentación dos traballos é do 3 de novembro ao 3 de decembro. Aquí vos deixamos as bases do concurso, que tamén podedes consultar na páxina web da biblioteca Ánxel Casal e nos taboleiros das aulas do centro a partir do vindeiro luns:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















