O 17 de novembro, os alumnos e alumnas de 1º de ESO G da materia de Paisaxe e sostibilidade, fixeron un roteiro pola senda do rego das andoriñas, para coñecer aspectos da paisaxe natural e antrópica de Ames.Esta actividade realízase ao abeiro do Proxecto Terra, no contexto do Plan Proxecta.
O roteiro foi guiado e desenvolvido por Patricia Reboreda, técnico de medioambiente do Concello de Ames, a quen lle agradecemos enormemente esta xornada tan bonita.
Ao longo da ruta identificamos os elementos naturais, os elementos modificados polo ser humano, falamos da flora, da fauna, e tamén de castros, conxuntos parroquiais, lendas e augas milagreiras entre moitas outras cousas.
Tamén tivemos sorpresas polo camiño, como atoparmos co señor Fernández, o seu rebaño de ovellas comedoras de castañas e a súa cadela Chita, que deseguida se fixo amiga de todo o grupo.
O señor Fernández compartiu connosco información sobre a súa relación co souto da zona, que plantou el mesmo hai 33 anos cando deixou de cultivar o terreo para millo, patacas e trigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario