Os alumnos e alumnas de 4º ESO A e B durante o curso 2020-2021 participaron no IV Certame de de recollida de imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués, organizado pola asociación Ponte...nas ondas!
Dous alumnos resultaron premiados nese certame na sección de traballos sobre imaxes enviados por alumnado de ensino secundario obrigatorio: Daniel Campos Pauzat conseguiu o primeiro premio, e Icía Fernández Ferreiro foille outorgado un accesit.
Desde a biblioteca do centro dámoslle os parabéns a todos os alumnos e alumnas participantes, e dun xeito moi especial a Dani e Icía. Excelente traballo!
A seguir podedes ver as fotografías premiadas de Dani e Icía co texto explicativo. Podedes acceder a todos os traballos desde o Museo Virtual KaleidoScapes.
Título: Esperanza e liberdade. Fotografía enviada e comentada por Dani Campos Pauzat (1º premio)
O meu bisavó
naceu en Noia, era mariñeiro e antes do 36 estaba vivindo en Cádiz. Despois de
unirse ao bando republicano e perder a guerra tivo que exiliarse.
Esta fotografía
tiña un valor especial para o meu bisavó porque foi tomada nada máis chegar a
Francia despois da viaxe a pé polo Pirineo para fuxir do Franquismo e das
represalias aos republicanos en España.
Aínda que o
recibimento por parte das autoridades francesas non fora o esperado, para os
que chegaban era o comezo da liberdade despois de moitos anos de persecución.
A fotografía foi
tomada por un amigo co que viaxou dende España e que firmou unha dedicatoria
por detrás: " A mi buen amigo Antonio con todo el afecto-
Barcarés-1940".
O meu bisavó
contaba a miúdo que os dous fixeran unha foto similar e que para facelas
compartiran o mesmo abrigo posto que a pesares de ser inverno só tiñan un.
Despois desta
foto foi detido polas autoridades francesas e pasou varios meses no campo de
refuxiados de Argelés sur mer, a continuación foron levados polos alemáns a
Burdeos para traballar na construcción dunha base naval.
Ao terminar a
guerra embarcouse de novo para acompañar aos xudeus superviventes a Palestina e
a volta decidiu quedarse definitivamente en Burdeos onde coñeceu a miña
bisavoa.
35 anos máis
tarde volveu a Noia por primeira vez e aínda tiña o medo no corpo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario