Este traballo desenvolveuse ao abeiro dos proxectos Centros activos e saudables, Educación Patrimonial, e Proxecto Terra do Plan Proxecta co apoio da Asociación de orientación Correr e pensar. O percorrido ía darse a coñecer o día da celebración da European City Race que ía ter lugar en Compostela os días 25 e 26 de abril, mais por mor da pandemia de covid-19, a celebración da carreira quedou adiada.
O traballo realizouse durante o primeiro e segundo trimestre deste curso combinando estudo sobre fontes secundarios e traballo directo sobre a paisaxe realizado en dúas saídas de campo das que xa vos informamos neste blog e que podedes ver premendo aquí e aquí.
O percorrido de orientación permítenos descubrir a paisaxe histórica de Santiago de Compostela desde a Prehistoria ata a época actual á vez que realizamos deporte e poñemos en prácticas as nosas habilidades de orientación.
Podemos facer o percorrido completo e descubrir como se solapan e mesturan os diferentes períodos históricos e elementos no urbanismo actual ou realizar percorridos temáticos (memoria histórica, ensino e universidade, patrimonio relixioso, patrimonio civil, parques), cronolóxicos (Idade Media, Idade Moderna, Idade contemporánea), ou estilísticos (Románico, Renacemento, Barroco, Neoclásico, Modernismo, Vangardas) entre outros.
Podedes ver a información sobre os elementos históricos premendo na imaxe ou neste enlace ao museo virtual KaleidoScapes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario