03/12/19

Traballo de campo en Santiago de Compostela para a European City Race

Os alumnos e alumnas de 3º ESO A e B e 4º ESO A e B das materias de Educación Física e Xeografía e Historia desafiaron as condicións meteorolóxicas e realizaron unha saída a Santiago de Compostela o venres, 29 de novembro.

Esta saída desenvolveuse ao abeiro dos proxectos Corre, pensa, descubre, Educación Patrimonial, e Proxecto Terra do Plan Proxecta co apoio da Asociación Correr e pensar.


No proxecto os alumnos e alumnas deseñarán un percorrido de orientación en Santiago de Compostela organizado arredor de elementos históricos da cidade. Este percorrido darase a coñecer o día da celebración da European City Race que ha ter lugar en Compostela os días 25 e 26 de abril.

A saída do 29 de novembro tivo como obxectivo que o alumnado puidese analizar de primeira man tanto as condicións do terreo sobre o que deseñarán o percorrido como os elementos históricos que servirán como puntos de control dese percorrido.

A Euro City Race é unha competición internacional de orientación urbana que se desenvolve  en cidades históricas. Se queres saber máis sobre a Asociación Correr e Pensar e a European City Race preme aquíaquí e aquí.



Aquí vos deixamos algunhas fotos que fixeron os alumnos e alumnas nos elementos históricos que estudaron destacando os seus aspectos característicos. Esperamos que vos gusten!






Ningún comentario:

Publicar un comentario