Se queres ver todas as fotos visita a exposición virtual no Museo Virtual Kaleidoscapes.
As alumnas e alumnos de 3 ESO A e B e 4 ESO A e B tamén levaron a cabo o traballo Os oficios femininos (in)visibilizados, que consistiu en documentar e visibilizar mediante entrevistas ás mulleres da súa familia, toda a variedade de traballos invisibilizados baixo a denominación "os seus labores", así como as diferenzas entre homes e mulleres no acceso a postos laborais, soldos e subsidio de xubilación.
O venres, 6 de marzo, celebramos no centro o Día Internacional da muller. Tivemos o pracer de compartir ese día cun grupo de alumnado e profesorado do IES de Milladoiro. Con eles e as autoridades locais plantamos dúas árbores no Paseo Carmen Amado, escoitamos un fragmento da obra Masculino singular, do profesor do centro Carlos Negro, lido pola profesora Isabel Vega, e presenciamos a teatralización dun diálogo sobre a muller preparada pola profesora María Leyra e actuado polos alumnos Antón Martínez e Uxía García, de 1º de bacharelato.
Podedes escoitar e ver dous vídeos de Tanxugueiras que tratan sobre a muller: Non mo negues e Desposorio e a canción A Voz das amigas, de Leilia
Ningún comentario:
Publicar un comentario