18/02/20

Segunda saída a Santiago para preparar a European City Race

Os alumnos e alumnas de 3º ESO A e B e 4º ESO A e B das materias de Educación Física e Xeografía e Historia visitaron de novo Santiago para facer a segunda parte do traballo de campo que posibilitará completar o deseño dun percorrido de orientación en Santiago de Compostela organizado arredor de elementos históricos da cidade.

Esta saída desenvolveuse ao abeiro dos proxectos Corre, pensa, descubreEducación Patrimonial, e Proxecto Terra do Plan Proxecta co apoio da Asociación Correr e pensar. O percorrido darase a coñecer o día da celebración da European City Race que ha ter lugar en Compostela os días 25 e 26 de abril.

Desta volta os alumnos e alumnas gravaron vídeos explicativos dos elementos históricos e traballaron na preparación do percorrido usando a aplicación MapRun.


Os alumnos e alumnas tamén documentaron novos elementos históricos e destacaron coas súas fotografías os seus trazos máis característicos. Es quen de adiviñar cales son?

Podedes ver o resultado da investigación completa no museo virtual KaleidoScapes.








Ningún comentario:

Publicar un comentario