22/04/20

Recomendacións para o Día internacional do libro

Hoxe é día 23 de abril, Día Internacional do libro!! Este evento foi creado pola UNESCO en 1955 para fomentar a lectura, a industria editorial e a propiedade intelectual.

Elixiuse o 23 de abril porque nunha data como esa en 1616 faleceron Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Posteriormente faleceron outros autores como Vladimir Nabokov ou Josep Pla entre outros. Esta data tamén homenaxea a todos eses autores falecidos.

O confinamento que estamos a vivir estes días orixinou que moitas organizacións e persoas puxesen á disposición do público unha morea de recursos bibliográficos, cinematográficos e artísticos. Que mellor día que hoxe para botarlles unha ollada?

O Colectivo de Narración Oral.NOGA creou a canle de YouTube Pandemia de Contos. Neste vídeo podedes gozar dun de Soledad Felloza.




Vénse de publicar en aberto o documental A viaxe de Ruth, sobre a viaxe da fotógrafa Ruth Anderson por Galicia en 1924. Este documental está realizado por Jaime Pardo e Xosé Reigosa e podedes velo aquí:

Se queredes gozar da danza podes ver a coreografía Dire merci, do ballet  da Ópera nacional de Paris creado durante o confinamento en agradecemento de todas as persoas que están na primeira liña da loita contra a pandemia:



A Orquestra Nacional de Francia tamén nos fai chegar a súa mensaxe de ánimo e apoio xuntos desde a distancia con esta  interpretación d'O Bolero, de Ravel.



E o International Opera Choir publica ofrécenos esta interpretación do Va pensiero da ópera Nabucco, de Verdi.



Varias editoriais puxeron a disposición pública libros en versión dixital, como é o caso de KalandrakaXeraisBaía Edicións ou Planeta


Tamén tedes ao voso dispor actividades lúdicas en Penguin Random House, encontros con escritores, ou regueifas da Rabela entre moitas outras cousas.

Estas son algunhas opcións entre os milleiros que podedes atopar nas redes, animádevos a buscalas e compartilas. Feliz Día do libro e esperamos vervos pronto de novo polo centro e pola biblioteca!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario