O IES Plurilingüe de Ames, o Proxecto Aldeas e a Biblioteca Carlos Nieto convocan o concurso "As aldeas de Ames", cuxos obxectivos son:
1. A mellora no coñecemento da toponimia propia do noso Concello
2. A mellora no coñecemento da evolución histórica e territorial do noso entorno
3. A recuperación das fotografías documentais que reflicten o noso pasado
4. A configuración dun mapa sonoro que permita preservar e/ou recuperar os sons que
caracterizan a nosa paisaxe
Anímate a participar e consulta as bases premendo na imaxe:
Ningún comentario:
Publicar un comentario