09/11/14

Concurso de monólogos

Estase a celebrar  o IV Concurso Radiofonico de Teatro Lido de Ames "Desata a lingua". Este ano a modalidade escollida son Monólogos.
Do Ies de Ames participan tres grupos que xa tiveron unha xornada de formación (baixo a coordinación da profesora Chus García Otero) e xa montaron as pezas que neste momento se emiten por Ames Radio (FM107.2) ata o 20 de novembro en horario de: 13.30 h ás 14.30 e das 22.00 h ás 23.00 h de luns a venres.
A votación realizarase entre o 10 e o 20 de novembro (incluídos) a través do correo electrónico radioteatro@concellodeames.org ou do teléfono 981 890 452. Os votantes terán que identificarse e só se computará un voto por persoa. Podedes escoitar os monólogos no seguinte enlace:


Moito ánimo a: Javier Vila, Uxía González, Carmen Castro, Elisabeth Prieto, Luis Miguel Boquete, Aarón Casal e parabéns a Chus polo seu traballo.
Aquí vos deixamos unhas fotos do seu paso pola radio:











Ningún comentario:

Publicar un comentario