02/11/18

Concurso de micro-relatos Coa pel de galiña

Por terceiro ano consecutivo a Biblioteca Carlos Nieto e o Equipo de Dinamización Lingüistica organizar o concurso de micro-relatos de terros en lingua galega Coa pel de galiña dirixido a todo o alumnado do IES Plurilingüe de Ames.

 Aquí tedes as bases do concurso. Tedes de prazo ata o 3 de decembro. Animádevos a participar!!! 

·         Modalidade A: 1º E 2º de ESO // FP Básica
·         Modalidade B: 3º e 4º da ESO
·         Modalidade C: 1º e 2º de Bacharelato

Criterios de valoración:
·         Capacidade para crear unha atmosfera de medo, desasosego ou terror
·         Orixinalidade na trama, evitando tópicos argumentais e clixés narrativos
·         Terase en conta un uso correcto da lingua galega
·         Terase en conta a capacidade para manexar a lingua con vontade de estilo

Condicións de presentacións das obras
Cada participante poderá presentar un único micro-relato en lingua galega. Deberá ser orixinal e inédito, non téndose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc,). Admítese, como extensión máxima do relato, un texto de 13 liñas, escrito a ordenador en formato Word con fonte Arial de tamaño 11 (sen contar o título).
Os traballos deberán entregarse na oficina administrativa do centro. Presentaranse sen asinar e cun pseudónimo, e introduciranse nun sobre pechado. No exterior do mesmo o/a participante deberá escribir “3ª edición do certame Coa pel de galiña”. No seu interior, ademais da obra, incluirá outro sobre pechado cos seus datos persoais (nome, apelidos, curso, teléfono e DNI).

Prazo de presentación: Remata o día 3 de decembro de 2018.

Premios: Un primeiro premio para cada modalidade, consistente nun vale de 30 € para libros, cómics ou material escolar a escoller nunha libraría de Bertamiráns. Ademais, se o estima oportuno,o xurado poderá outorgar 1 accésit de 15 € por modalidade. De non existir unha calidade mínima nos textos presentados a concurso, o premio declararase deserto.
Xurado: Estará composto por cinco persoas; delas, tres serán profesores/as escollidos do Equipo de Dinamización e/ou do Equipo de Biblioteca, ademais de dous representantes do alumnado (que declaren previamente non ter participado no concurso). A súa resolución farase pública o mércores 12 de decembro de 2018 e será inapelable. No momento da entrega do premio solicitarase ao alumnado galardoado o seu permiso para facerlles unha fotografía que se publicará no blogue da Biblioteca, xunto cos textos premiados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario