15/06/26

Solsticio de verán

Xa estamos ás portas do verán, así que, que mellor para poñer o ramo ao curso que facelo cun ramo de San Xoan para celebrar o solsticio de verán? Se queres facer o teu propio ramallete na casa podes consultar os libros que temos na biblioteca sobre flora galega e, mais especificamente, as herbas de San Xoan.


E pechamos o curso como o comezamos, con refráns do verán, engadindo algúns novos que fomos recollendo ao longo do curso aos que tiñamos ao comezo. Sabes ti algún diferente? Non dubides en comunicárnolo a través da caixa de suxestións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario