No itinerario de Florería do PFPP do centro, o profesorado aprendeu a facer xardíns eternos e kokedamas, e despois ese coñecemento foi compartido co alumnado de 2º de bacharelato de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia, e 2º FP Básica de Agroxardinería e composicións florais.
A creación dos xardíns eternos é un procedemento de creación dun ecosistema vivo e a kokedama é unha técnica xaponesa de presentación de plantas sen testo.
Con estes dous métodos pretendeuse achegar ao alumnado á flora nativa presente no instituto e á florería sostible, e desenvolver a súa creatividade e competencia artística asemade.





Ningún comentario:
Publicar un comentario