04/05/26

Xogando e aprendendo coa lingua

O alumnado de 2º e 3º de ESO da materia de Lingua e Literatura Castelá realizou diferentes actividades lúdicas para achegar ao alumnado á lingua e a literatura.

Caligrameando: Para celebrar o Día do libro, o alumnado realizou cadanseu caligrama. O caligrama é un tipo de poema visual no que as palabras e as letras se organizan de tal xeito que forman un debuxo ou imaxe relacionada coa temáatica do poema. Isto resulta nunha lectura creativa pois a persoa lectora debe seguir a forma do debuxo para ler os versos. Os caligramas teñen antecedentes antigos, mais foron popularizados por Guillaume Apollinaire a comezos do século XX.


Flipbook educativo en lapelas graduadas en tamaño (layered tab book), sobre as funcións sintácticas. A organización en lapelas graduais permite ver todos os conceptos xuntos coma se fose un índice. Levantando cada lapela poden verse anotacións breves, esquemas ou conceptos clave sobre o tema resumido. 

¿Opinamos?: Os alumnos e alumnas individualmente documentáronse sobre diferentes temas controvertidos e realizaron un texto argumentativo analizando e confrontando dúas posturas opostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario