O 11 de maio, o alumnado voluntario da biblioteca, radio, equipo de mediación e equipo de axuda, e o alumnado do club de lectura participou nunha charla-obradoiro sobre o Parque Natural Fragas do Eume impartido polo medioambientalista Ángel Prieto, do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA).
Esta charla é a primeira parte dunha actividade de achegamento do alumnado ao monumento natural e nela o alumnado recibe información e realiza actividades relacionadas co que van ver nunha posterior saída ao campo. Despois da saída ao campo, o alumnado reflexionará sobre o aprendido e fará recomendacións para a conservación do parque natural para futuras xeracións.


Ningún comentario:
Publicar un comentario