O alumnado de 2º de ESO da materia de Xeografía e Historia e de 1º de Bacharelato da materia de Historia do mundo contemporáneo realizou diferentes actividades de investigación histórica e xeográfica. Parabéns polo traballo!
Cartas desde o novo mundo: os alumnos e alumnas de 2º de ESO da materia de Xeografía e Historia puxéronse na pel dun personaxe histórico da Idade Media ou da Idade Moderna e redactaron cartas informando das súas vivencias.CSI medieval. A investigación da Peste Negra: o alumnado de 2º de ESO da materia de Xeografía e Historia aprendeu sobre a crise do século XVI en Europa e, máis en concreto, sobre a Peste Negra a través dunha investigación policial e científica en que tivo que resolver o “caso” de porqué se produciu a pandemia.
Mosaico peninsular: o alumnado de 2º de ESO da materia de Xeografía e Historia estudou a evolución dos reinos cristiáns e musulmáns na Península Ibérica durante a Idade Media.
A Gran Guerra a través de imaxes: os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato da materia de Historia do Mundo Contemporáneo realizaron unha análise conxunta de imaxes icónicas e obras de arte do período. Cos resultados de investigación o alumnado elabora un texto breve que acompaña a cada imaxe e pasa a integrar un copus de imaxes para a súa presentación ao gran grupo
Pescudas históricas: o alumnado de 1º de bacharelato da materia de Historia do Mundo Contemporáneo pescudou en liña sobre diferentes aspectos: correntes de pensamento do século XIX e cidades utópicas, biografías e figuras invisibilizadas na historia. Cos resultados da investigación, o alumnado realizou infografías que presentou oralmente ao gran grupo.





Ningún comentario:
Publicar un comentario