O alumnado de 1º de ESO da materia de Xeografía e Historia participou no proxecto internacional Museo Migrante Migrante da fotógrafa e artista Angélica Daas, no cal recolle fotografías de obxectos persoais e testemuños relacionados coa experiencia migratoria.
Na versión migrante (en movemento) o proxecto invita á cidadanía, neste caso ao alumnado do insituto, a achegar obxectos persoais e testemuños que formarán parte dun arquivo compartido visual e dixital. A iniciativa entende a migración como unha condición humana fundamental e usa fotografías como unha ferramenta para a escoita, a memoria e a representación colectiva.



Ningún comentario:
Publicar un comentario