O día 9 de abril, o alumnado do Club de Ciencia e de 1º de Bacharelato da materia de Bioloxía participou nunha charla-obradoiro sobre o Monumento natural Costa do Dexo-Serantes impartido polo medioambientalista Ángel Prieto, do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA).
Esta charla é a primeira parte dunha actividade de achegamento do alumnado ao monumento natural e nela o alumnado recibe información e realiza actividades relacionadas co que van ver nunha posterior saída ao campo. Despois da saída ao campo, o alumnado reflexionará sobre o aprendido e fará recomendacións para a conservación do parque natural para futuras xeracións.



Ningún comentario:
Publicar un comentario