O Club de ciencia organizou un curso máis a Feira de ciencia para o alumnado de 1º de ESO cunha chea de postos científicos interesantísimos relacionados con Bioloxía, Física, Matemáticas, Robótica, Tecnoloxía, Química e Xeografía.
O eido do centro estivo presente cun posto en que se observaba a auga da charca ao microscópio para identificar e analizar a microfauna e outro no cal se analizaba a natureza do eido do centro a través dos sentidos.
Parabéns a todo o equipo do Club de ciencia polo excelente traballo un curso máis!


Ningún comentario:
Publicar un comentario