28/05/26

Día das Letras Galegas 2025 adicado a Begoña Caamaño

O Día das Letras Galegas 2026 está adicado á Begoña Caamaño, escritora e xornalista que buscou contar as historias dun xeito alternativo e dar voz e protagonismo aos personaxes secundarios ou invisibilizados.


O alumnado de 3º de ESO F preparou unha fermosa e interesantísima exposición sobre a vida e as múltiples facetas da autora. Podedes visitar a exposición no espazo Maruxa Mallo enfronte da biblioteca, pola vosa conta, ou uníndovos a unha das sesións de visitas guiadas ofrecidas polo alumnado creador da exposición. Non podedes perdelas!






Entre as múltiples facetas de Begoña Caamaño está a de xornalista, reivindicando o dereito á información, tanto de prensa escrita como radiofónica. Para tomar a remuda da súa paixón polos micrófonos, o volunariado da radio quixo facerlle unha homenaxe incluíndo a radio como protagonista da conmemoración do Día das Letras Galegas.

O programa dividiuse en catro seccións: biografía da autora, recensión de Morgana en Esmelle, entrevista a Xosé Antón López Silva, tradutor de Circe ou o pracer do azul ao castelán, e música ao vivo. Ademais, tamén se crearon biografías alternativas de diferentes personaxes femininas con mala sona (Santa Compaña, meigas, mouras, sereas) para reescribir a súa historia, tal e como fixera Begoña Caamaño; e un pasapalabras sobre os contidos do programa para poñer a proba ao público.




Ningún comentario:

Publicar un comentario