Entre as actividades de conmemoración do Día das Letras Galegas, o alumnado de 4º de ESO e o profesorado do Club de lectura-obradoiro de baile galego participou nunha foliada.
Esta festa serviu tamén para poñer peche á edición deste curso dos clubs de lectura e obradoiros de cantigas e pandeireta e de baile galego.
Ao longo do curso, alumnado e profesorado achegáronse a este patrimonio cultural inmaterial tan identitario a través da lectura de coplas, o achegamento a grupos de baile e de música tradicional tanto clásicos como máis actuais, coa explosión do movemento Tradi, e a reinterpretación das cantigas, música e baile contribuíndo así a manter vivo o patrimonio.
Aproveitamos para presentarvos un libro que acaba de ser publicado e que seguro é do voso interese: Do baile da gaita á muiñeira, de Julio Alonso, publicado pola Editorial Galaxia. Xa podedes consultalo na nosa biblioteca!


Ningún comentario:
Publicar un comentario