26/05/26

Xornada de portas abertas

Como cada ano, este 26 de maio recibimos ao alumnado das escolas de primaria adscritos ao noso instituto: CEIP A Maía, CEIP de Barouta e CEIP Agro de Muíño.

O alumnado foi recibido pola Dirección do centro e realizou unha visita ás diferentes instalacións do edificio guiado polo alumnado de mediación. Entre os lugares visitados atópase a nosa biblioteca, onde, da man do voluntariado de radio, se familiarizaron cos diferentes espazos e co seu funcionamento. Máis de un rapaz e rapaza xa se candidatou para formar parte do equipo de voluntariado. 

Benvidos e agardamos vervos de novo en setembro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario