O día 2 de marzo, o alumnado de FP Básica de Agroxardinería e composicións florais e de 2º de Bacharelato de Xeografía e de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia, participou nunha charla-obradoiro sobre o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregán e Vixán impartido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA).
Esta charla é a primeira parte dunha actividade de achegamento do alumnado ao parque natural e nela o alumnado recibe información e realiza actividades relacionadas co que van ver nunha posterior saída ao campo. Despois da saída ao campo, o alumnado reflexionará sobre o aprendido e fará recomendacións para a conservación do parque natural para futuras xeracións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario