08/03/26

Dereito ao hábitat rural

O alumnado de 2º de bacharelato da materia de Xeografía, Historia e Patrimonio de Galicia, está a participar no proxecto Dereito ao hábitat rural desenvolvido por Arquitectura sen Fronteiras.

Como parte deste proxecto o alumnado realizou un roteiro pola contorna explorando e analizando o patrimonio natural e o patrimonio cultural que caracterizan ao hábitat rural de Bertamiráns. O roteiro foi preparado e guiado por Marta Somoza, acompañada por Ana e Juan. Durante o paseo o alumnado puido achegarse ás características naturais (a xeoloxía, o relevo, a vexetación autóctona), así como ao patrimonio cultural inmaterial (toponimia, lendas, os oficios tradicionais) e ao patrimonio construído (petróglifos, castros, muíños, lavadoiros, pombais, hórreos, eiras, marcos, casais, socalcos de cultivo, etc.)










De volta ao instituto, o alumnado puxo en comúns as súas aprendizaxes e fixo propostas de conservación e divulgación dos elementos visitados. A partir de esta actividade o alumnado na elaboración dun roteiro para transmitir as aprendizaxes adquiridas á comunidade educativa.

Moitas grazas a  Ana, Juan e Marta polas súas ensinanzas, e moito ánimo ao alumnado coa elaboración do novo roteiro. Estamos impacientes por facelo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario