O 25 de marzo os alumnos e alumnas de 3º de ESO da materia de Lingua e Literatura Galega visitaron a biblioteca para facer buscas no catálogo da biblioteca e realizar un xogo de pistas.
A partir das dúas lecturas do trimestre (unha ambientada na Segunda Guerra Mundial e outra unha historia de vampiros), o alumnado buscou no catálogo en liña unha serie de obras coa mesma temática, e realizou un xogo de pistas no que debían relacionar cada pista da fiche de traballo cun título seleccionado previamente pola docente dentro das temáticas de medo e de guerras.




Ningún comentario:
Publicar un comentario