O día 12 de marzo, tivo lugar a segunda sesión do programa Lectura e Familias, desenvolvido polo Departamento de Orientación, a Biblioteca e a ANPA, na que se pretenden afortalar os vínculos entre o instituto e as familias.
Esta segunda sesión consistiu nunha charla da psicóloga Belén Castro do equipo Cuidadosamente, sobre acoso escolar. A charla foi seguida por un coloquio sobre o tema e rematou co reparto de bolsas do programa Lazos de papel con lecturas que teñen como temática acoso.


Ningún comentario:
Publicar un comentario