26/03/26

Viaxe sonora polos instrumentos de corda pulsada

O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO da materia de Música participou nun obradoiro sobre a evolución ao longo do tempo dos instrumentos de corda pulsada, impartido por Diego Rojo, músico e profesor de Educación Física no noso instituto.

Diego foi introducindo ao alumnado no coñecemento dos distintos instrumentos combinando explicacións e interpretacións musicais con eles. Falou de instrumentos de época prehistórica como o pantur, pasando pola Idade Media, o Renacemento, o Barroco e o Romanticismo.

Moitísimas grazas, Diego, por este obradoiro de luxo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario