23/02/26

Formación do Equipo de axuda

Despois da formación do Equipo de mediación, chegou a formación do Equipo de axuda! Si, é normal que non saibades que é iso porque é unha nova modalidade de mediación que estreamos este curso.

A diferenza dos equipos de mediación, os equipos de axuda non atenden a todo o alumnado do instituto, se non que se centran nas súas respectivas aulas. Os equipos de axuda realizan o seu labor en 1º de ESO e están formados por catro persoas por aula.

A formación volveu correu a cargo de Jenni Herbón de Convive+, quen xunto co seu polbiño Kiki, volveu conquistas os corazóns do noso alumnado e transmitirlles os valores da convivencia e como mirar por ela.

Moitas grazas Jenni e adiante Equipo de axuda!

Ningún comentario:

Publicar un comentario