19/02/26

Formación en ALFIN/AMI

Os días 29 de xaneiro e 19 de febreiro, o profesorado participante no itinerario Fomento da competencia lectora  do PFPP do centro, asistiu á segunda e á terceira sesións de formación. A docencia foi impartida por Andrea de la Torre, profesora do IES de Valadares, en Vigo, e asesora PLEA para a área de Vigo. 

A sesión do día 29 de xaneiro estivo centrado no terceiro piar do PLEA, o acceso á información, tamén coñecido como Alfabetización Informacional (ALFIN) ou Alfabetización Mediática e Informacional (AMI). Andrea compartiu connosco o seu extenso coñecemento sobre acceso á información e as experiencias neste ámbito desenvolvidas por ela e o seu centro ao longo dos últimos dez anos.

A sesión do día 19 de febreiro foi adicada á elaboración dun borrador do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á información (PLEA) do centro. Guiados por Andrea, o grupo elaborou un borrador dos obxectivos do centro en relación coas competencias lectora, escrita e de acceso á información para os vindeiros catro anos.

Moitísimas grazas, Andrea, por unhas sesións tan interesantes e inspiradoras e moitos parabéns polo excelente traballo ao longo dos anos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario