Os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato da materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia completaron a súa investigación sobre a natureza do eido do instituto a través das fontes primarias con outros elementos que tamén proceden da natureza, aínda que agora están no interior da nosa biblioteca: as follas dos diferentes libros sobre natureza, biodiversidade e desenvolvemento sostible.
Co resultado da súa investigación o alumnado incorporou novas especies ao catálogo de flora, creou o guión para gravar pódcasts sobre as árbores do eido e realizou unha guía dixital das aves que nos acompañan día a día no instituto.
A guía, Ao abeiro das aves, estará dispoñible proximamente en papel. Esperamos que vos guste!



Ningún comentario:
Publicar un comentario