O alumnado de 4º de ESO da materia de Física e Química transformou conceptos científicos en cumpridos adicados a algunha persoa especial.
O resultado da tarefa é unha postal na que aparece o cumprido e unha breve explicación da relación entre este e a teoría ou concepto científico nomeado. O alumnado buscou a información, elixiu o cumprido e relacionouno co concepto ou lei correspondente, realizou tratamento de imaxe e deseñou a postal.
Podedes ver as postais cos cumpridos científicos no espazo Maruxa Mallo. Escollede o voso preferido!



Ningún comentario:
Publicar un comentario