07/02/26

Formación do Equipo de mediación

O Equipo de Mediación do IESP de Ames participou nas Xornadas de formación en mediación que celebramos anualmente.

Estas xornadas serven para actualizar os coñecementos do alumnado mediador veterano e para dar unha formación inicial ao alumnado mediador de nova incorporación. Durante este curso, o equipo estará formado por quince persoas mediadoras, sete delas de nova incorporación.

A formación correu a cargo da psicóloga e experta en mediación Jenni Herbón, de Convive+, e desenvolveuse na biblioteca do centro os días 5 e 6 de febreiro.

Jenni conectou á perfección co alumnado e tratou co grupo temas tan importantes como a percepción, a escoita activa, a empatía, e o proceso de mediación dun xeito claro, dinámico, e motivador. 

Ao final da xornada, a directora do centro, Marisol Louro, a orientadora Yolanda Castro e a propia Jenni Herbón, fixeron entrega dun diploma a cada participante.


Ningún comentario:

Publicar un comentario