04/12/25

I Torneo de Xadrez na biblioteca

Ao longo deste curso terá lugar o I Torneo de xadrez na biblioteca, organizado polo grupo de Xadrez, mediado polos profesores Alberto Losada e Gonzalo Berdeal.

A convocatoria foi moi ben acollida polo alumnado e xa comezou o encontro entre parellas. Aínda que comezaron xogando unha parella de cada vez, o elevado número de alumnos e alumnas inscritas fixo que se decidira realizar dúas partidas simultaneamente.

Se queredes vir animar aos vosos xogadores e xogadoras de preferencia, podedes facelo os xoves no segundo recreo, na biblioteca, onde os atoparedes en estado de máxima concentración!


Ningún comentario:

Publicar un comentario