11/12/25

Poemas meteorolóxicos

Pensastes algunha vez no poética que pode ser a meteoroloxía? O poeta Karmelo C. Iribarren e a ilustradora Cristina Müller si o fixeron, e como resultado publicaron o libro de poemas ilustrados Versos que arrastra el viento.

Mais o vento outonizo zoou tan forte na nosa biblioteca que separou os poemas das súas respectivas ilustracións. Para solucionar o problema, viñeron os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato da materia de Xeografía que despois de pensar e reflexionar conseguiron reconstruír a orde orixinal do libro. Bo traballo!




Ningún comentario:

Publicar un comentario