O 27 de novembro, as persoas participantes no Club de lectura Paroliñas, dirixido a persoas adultas da comunidade educativa, tivo o seu encontro inaugural.
A xuntanza estivo centrada en dar a benvida ás novas persoas integrantes e que o grupo se coñecese a través de diferentes actividades relacionadas coa lectura.
A sesión comezou cunha dinámica de carrusel de conversa no cal as persoas participantes falaron de xeito non guiado sobre os motivos polos que estaban no club de lectura.
Outras actividades que se desenvolveron foron o puzzle de lectura, consistente en reconstruír o conto de Julio Cortázar, Continuidad de los parques, que foi presentado en fragmentos; ensalada de personaxes, baseado no xogo de cadeiras, onde quen participa ten que mudar de cadeira cando se di o nome do seu personaxe; e poesía ilustrada, en que o grupo tivo que emparellar unha serie de poemas coas súas ilustracións correspondentes.
Para rematar a sesión, o grupo debateu sobre as lecturas e actividades que lles gustaría facer durante este curso ao longo de cinco xuntanzas. Comezaremos con cómic galego, lendo dúas obras senlleiras: O corpo de Cristo, de Bea Lema e Présas fáciles, de Miguelanxo Prado. Na xuntanza para comentar estas obras contaremos coa presenza de Octavio Beares, experto en cómic de Galicia e autor da obra A historia do cómic en Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario