En 2001, a UNESCO declarou o 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, e a partir de aí, novembro pasou a ser considerado o Mes da Ciencia. A partir de 2018 o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego, co obxectivo de amosar o valor da lingua galega como lingua vehicular de todos os aspectos da ciencia.
Este ano foi declarado o Ano internacional das ciencias e tecnoloxías cuánticas e a figura homenaxeada é Albert Einstein. A nivel galego, no XVI Día da ciencia en galego, o científico homenaxeado é Fernando Calvet.
Fernando Calvet foi un químico catalán, catedrático de Química na Universidade de Santiago de Compostela, e primeiro catedrático de Bioquímica na Universidade de Barcelona. O investigador foi represaliado polo franquismo. Tamén podedes coñecer outros científicos e científicas represaliados durante a ditadura franquista.
A película Os fillos do sol, narra a vida de Fernando Calvet.
O alumnado de Física e Química de 4º de ESO preparou diferentes cartaces informativos sobre as investigacións desenvolvidas por Albert Einstein e Fernando Calvet e realizaron charlas de divulgación para o alumnado de 2º de ESO sobre a relevancia destes dous investigadores.
Este ano, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria impúlsase a celebración do mes de novembro tamén como Mes da ciencia en galego nas bibliotecas. A imaxe da actuación é o científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, cunha longa traxectoria de colaboración coas bibliotecas na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. Podedes ler o manifesto redactado por Ángel Carracedo en relación con esta conmemoración.
A asesoría de bibliotecas escolares pon á disposición de todas as bibliotecas escolares e as comunidades educativas recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego, que esperamos que sexan do voso interese.




Ningún comentario:
Publicar un comentario