26/10/25

Samaín 2025

Xa está preto o Samaín e, como todos os anos, ofrecémosvos diferentes actividades nas que vos convidamos a participar. Estas actividades foron preparadas con moito agarimo polos diferentes departamentos e proxectos do centro: Equipo de Dinamización Lingüística, Club de Ciencia, Departamentos de Agroxardinería, Física e Química, Galego, Imaxe persoal, Inglés, Orientación, Xeografía e Historia e a Biblioteca. Esperamos que vos gusten!!

Concurso de calabaza: Anímadevos a tallar cabazas, nabos, cenouras coa temática que máis vos guste: terror, arte, natureza... traédeas o 30 de outubro para compartilas con toda a comunidade educativa e optade a un saboroso premio!


Lápidas: Elaborade terroríficas lápidas en cartos e colocádeas no xardín norte, para recrear entre todos e todas un tenebroso cemiterio. 

Non deixedes de visitara exposición do Samaín que se atopa no espazo Maruxa Mallo enfronte da biblioteca. Alí poderedes ver unha fermosa cortina e diferentes móbiles de follas outonizas, realizada polo alumnado de FP Básica de Agroxardinería, unha escolma de refráns de outono e unha exposición adicada ao impacto das supersticións na biodiversidade, realizada polo alumnado de 2º de bacharelato da materia Patrimonio de Galicia, unha exposición de fondos da biblioteca e obxectos relacionados co Samaín e un xogo de preguntas e respostas que porán a probar canto sabes desta celebración. 







O día 30 de outubro, o alumnado de 2º de bacharelato de Patrimonio de Galicia e de FP Básica de Imaxe persoal organizarán cooperativamente unha actividade para o alumnado de 1º de ESO. O alumnado de 2º de bacharelato visitará as aulas para facer as actividades, caracterizados polo alumnado de FP Básica. Esperamos que o alumnado de 1º de ESO o pase de medo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario