O alumnado de FP Básica de Agroxardinería e composicións florais e mais o alumnado de 2º de bacharelato das materias de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia e de Xeografía participaron no programa de educación ambiental Emerxencia climática, organizado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA), e impartido por Ángel Prieto.
A actividade consistiu unha charla sobre as causas e manifestacións da mudanza climática, que a converten nunha situación de emerxencia climática, e un obradoiro onde o alumnado analizaba a súa propia pegada ecolóxica e propoñía solucións para diminuír esa pegada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario