Durante este curso demos pulo á radio do IESP de Ames gravando podcasts que subimos á plataforma iVoox á que podedes acceder desde a web do noso centro nesta ligazón.
As gravacións organizáronse en sete seccións: Audiolectura (lecturas de pequenos textos literarios), Dez minutos con... (programa de entrevistas), Faladoiro (tertulias sobre diferentes temáticas), Imaxes do Patrimonio (investigación do alumnado sobre fotografías antigas familiares), Música ao vivo (música interpretada por integrantes da comunidade eductiva), Patio con(vida) (información sobre o desenvolvemento ecosocial no eido do instituto), e Radio ciencia (programas relacionados coa ciencia).
Se non sabedes cal escoller non vos preocupedes, podes escoitalos todos! Moitas grazas e parabéns ás persoas que fixeron posible estes programas! Esperamos que vos gusten e que vos animedes a participar na radio escolar o vindeiro curso!
A seguir deixámosvos unhas fotografías dalgúns momentos das gravacións desde xaneiro ata xuño. Moito aprendimos nestes meses! En setembro continuamos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario