18/05/25

O IESP de Ames, modelo de boas prácticas co patrimonio inmaterial

O IESP de Ames foi certificado como Modelo Ponte...nas ondas! de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial, e pasa a integrarse na rede de 30 centros de Galicia e Portugal con este recoñecemento.

Este recoñecemento, foi outorgado pola Asociación Ponte...nas ondas! e a Xunta de Galicia, e está respaldado pola UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, ou en inglés United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization).

Con esta certificación, é recoñecido o traballo feito polo noso centro no estudo, difusión e salvagarda do patrimonio cultural inmaterial da contorna do noso alumnado, á vez que o instituto se compromete a seguir contribuíndo á protección dese patrimonio.

Moitos parabéns polo recoñecemento e moitos ánimos para seguir traballando en prol do patrimonio en xeral e o patrimonio inmaterial en particular!


Ningún comentario:

Publicar un comentario