30/04/25

Exposición Imaxes do Patrimonio

O IESP de Ames leva desde o curso 2020-2021 participando no certame Imaxes do Patrimonio organizado pola Asociación Ponte...nas ondas!

Para dar a coñecer á comunidade educativa as fotografías que foron enviadas ao longo destes anos, as alumnas de 2º de bacharelato da materia Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia organizaron unha exposición que recolle as fotografías e a explicación da historia de cada unha delas.

Invitámosvos a que pasedes a vela no espazo Maruxa Mallo situado no exterior da biblioteca. Poderedes ver fotografías moi interesantes sobre as xentes de Ames, así como doutras partes de Galicia, España e o mundo das que procedemos as persoas que conformamos a comunidade educativa do noso instituto.

Tamén vos invitamos a que nos fagades chegar fotografías antigas das vosas familias, acompañadas dunha explicación de non máis de 250 palabras, para seguirmos contribuíndo á salvagarda do patrimonio cultural familiar dentro dun contexto global. Animádevos! Seguro que tedes fotografías e historias interesantísimas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario