A UNESCO creou a celebración da Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI) para concienciar á poboación da importancia da lectura crítica da información. Esta semana esténdese do 24 de outubro ao 31 de novembro.
O lema da celebración deste ano é As novas fronteiras dixitais da información: Alfabetización mediática e informacional para a información de interese público.
A Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional 2024 subliñará a importancia de seguir o ritmo da rápida evolución do panorama dixital e de dotar aos usuarios das habilidades necesarias para identificar, avaliar e comprometerse coa información de interese público en liña.
Unha axenda global colectiva da que forman parte as bibliotecas escolares que deben , máis que nunca, reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI. Un compromiso de todo o sistema bibliotecario para non deixar a ninguén atrás grantizando o acceso á información, a cultura e o coñecemneto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario