O Día das Bibliotecas celébrase o 24 de outubro desde 1997. Trátase dunha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
No caso galego, a Dirección Xeral do Libro, o Cómic e a Lectura, da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria é o organismo que impulsa esta edición da celebración do Día das Bibliotecas.
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.
Información tomada de Bibliotecas Escolares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario