O 31 de outubro celébrase a festa tradicional do Samaín, e este ano O equipo de Dinamización Lingüística, o Equipo de Biblioteca e o alumnado das materias de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia e Inglés, quixemos facer unha actividade que dera a coñecer as características do Samaín e as súas diferenzas co Halloween.
Para iso as alumnas realizaron unha investigación sobre as características do Samaín e as súas diferenzas co Halloween e a partir de aí elaborou unha exposición dividida en diferentes seccións:
Sección Samaín en obxectos e na biblioteca, de bibliografía e recursos audiovisuais, así como de obxectos relacionados co Samaín, acompañados de cartelas explicativas.
Sección Canto sabes sobre o Samaín? para a participación activa das persoas asistentes á exposición, na que se propoñían diferentes afirmación sobre as que as persoas visitantes tiñan que decidir se eran verdadeiras ou falsas despois de documentarse percorrendo a exposición.
Ademais da exposición, as alumnas de Patrimonio de Galicia realizaron a actividade Truco ou trato, na que visitaron os diferentes grupos de 1º e 2º ESO e fixeron unha representación teatralizada do Samaín e unha actividade de preguntas sobre o Samaín. No recreo, realizaron a actividade co alumnado que se atopaba na biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario