Durante este curso seguimos realizando o mantemento da estructura de vimbios, ou cabana, situada no ángulo SL do eido do centro. Este traballo foi realizado polo alumnado de 1º ESO e 2º bacharelato, dentro do proxecto Patio con(vida) do Proxecto Terra.
Os alumnos e alumnas podaron por primeira vez a estrutura e utilizaron as pólas podadas para substituír os vimbios (Salix viminalis) secos, de xeito que se poidan manter a estrutura dun xeito sostible. O vindeiro curso valoraremos a posibilidade de introducir pólas de salgueiro (Salix atrocinerea) no lugar dos vimbios secos, pois é unha especie autóctona e que nace no eido do centro con moita facilidade.
Aínda que o crecemento é lento, estrutura mantense ao longo do tempo e converteuse xa nun lugar de referencia para o alumnado. Na primeira fotografía podedes ver a estrutura podada no outono, mentres que nas tres seguintes podedes observar como foron gromando os vimbios ao longo da primavera.
Bo traballo! Esperamos que a estrutura vaia fortalecéndose co paso do tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario