16/05/24

Traballos de mantemento e observación da charca

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO A da materia de Xeografía e Historia estiveron traballando no mantemento da charca deste curso.

As chuvias deixaron ao descuberto parte da lona polo que o alumnado botou nova terra sobre ela e plantou herba para axudar a fixar a terra. 

No curso pasado alguén botou dentro da charca case todas as pedras que a rodeaban, e que nalgúns casos están suxeitando a lona. O alumnado retirou un bloque de cemento que tamén fóra guindado dentro da charca, mais decidiu deixar o resto das pedras por temor a que se rompese a lona ao intentar sacalas e para impactar o menos posible no ecosistema que se foi creando.

Moitas grazas polo traballo!





Durante este curso tamén continuamos coa observación do ecosistema que se está a desenvolver na charca. 

O alumnado de Xeografía e do Club de Ciencia documentou dúas especies novas mediante observación directa: un anfibio, a píntega (Salamandra salamandra), e un réptil, o escáncer (Anguis fragilis). Polo que fai á flora, documentaron o crecemento de Juncus e de Lythrum Junceum

O alumnado de Bioloxía e do Club de Ciencia analizou ao microscopio a microflora e microfauna identificando diferentes protozoos e algas. Os alumnos e alumnas de Física e Química analizaron as propiedades físico-química da auga e documentaron que está estabilizada cun bo ph e bo nivel de oxíxeno.

O alumnado do Club de Ciencia analizou observou a charca á procura de evidencia da presencia do mosquito tigre (Aedes albopictus), mais no atoparon ningunha. As augas estancadas son un lugar propicio para a presencia deste insecto, mais, en contra do que se cre, as charcas ben naturalizadas e cun ecosistema equilibrado non son lugares que lle guste ao mosquito tigre. É importante ter isto en conta para evitar que por desinformación e medo sexan destruídos estes ecosistemas tan valiosos para o equilibrio ambiental.



Os alumnos e alumnas de infantil do CEIP A Maía, realizaron unha visita didáctica á fraga NW para ver a caixa-niño onde crían os ferreiros abelleiros (Parus major) e a vida da charca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario