03/06/24

Roteiro literario teatralizado

Os alumnos e alumnas do Club de lectura de narrrativa en galego e Club de lectura de memoria democrática leron o libro de Xosé A. Neira Cruz (2021): O enigma de Santiago. Editorial Galaxia,  e participaron nun roteiro literario teatralizado da novela a cargo do conta contos Serafín Marcos.

O roteiro tivo lugar o día 30 de maio. A rapazada pasouno en grande, asustáronse un pouco co cabaleiro templario e o obispo Xelmírez; mais despois puideron relaxarse co peregrino que os acompañou no treito final. Foi un excelente xeito de clausurar o club de lectura deste ano. Xa estamos a facer plans para o vindeiro curso!



Ningún comentario:

Publicar un comentario