O día 30 de maio, viñeron ao noso centro os alumnos e alumnas de infantil do CEIP A Maía con moitas ganas de que a rapazada do instituto lles contara un conto...e non lles contaron un, senón tres.
Varios alumnos e alumnas do Equipo de Mediación, escolleron e prepararon tres contos: Lume, O elefante comellón e Pandemonia.
Marta, Sara, Fernando e Amalia contando o conto Pandamonia na cabana do instituto. Pandamonia foi escrito por Chris Owen e Chris Nixon, e traducido ao galego por Iolanda Mato. Foi publicado por Triqueta verde.
Lucía, Paula, Flavia e Zoe contando o conto Luuume! de Andrea Freire e Laura Miranda Moreno. Publicado por Antela editorial.
Ana, Ángel e Mario, contando e representando o conto O elefante comellón, de Rafael Ordóñez e Marc Taeger, traducido ao galego por Manuela Rodríguez, e publicado por Kalandraka.
E despois dos contos, un pouquiño de música... Moitas grazas ao Equipo de Mediación polo seu traballo, e aos pequechos e pequechas do CEIP A Maía por virdes visitarnos e serdes tan encantadores. Tamén o noso agradecemos as profesoras Laura e Sandra do CEIP A Maía, que aceptaron participar connosco no proxecto. Esperámosvos de novo no vindeiro curso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario