Os alumnos e alumnas de 1º ESO, da materia de Xeografía e Historia, investigaron sobre distintas civilizacións da Prehistoria e a Historia antiga e a súa relación con Galicia e Ames. Esta investigación realizouse como parte do proxecto de Educación patrimonial do Plan Proxecta e de Polos creativos.
O alumnado comezou a investigación cunha introdución á Arqueoloxía e a lectura do cómic Triana y la arqueología. Días de prospección, de Leticia Tobalina-Pulido y Setefilla Jiménez Velasco. Os rapaces e rapazas realizaron tamén unha lectura teatralizada do cómic a cargo de Marina Aurora Garzón, alumna do Mestrado en Formación do Profesorado da USC que estaba realizando as súas prácticas no centro.
Podedes ver os resultados da investigación na exposición situada no espazo Maruxa Mallo en fronte da biblioteca.
A exposición inclúe unha selección de murais e lapbooks realizados polo alumnado. Moitos parabéns polo traballo!!
Tamén inclúe información sobre o traballo arqueolóxico, réplicas e obxectos arqueolóxicos cedidos temporalmente por Leticia Tobalina-Pulido, arqueóloga do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit), CSIC, a quen damos as grazas; e bibliografía sobre eses perídos da Prehistoria e a Historia.
Ademais, o alumnado realizou unha investigación sobre a vida cotiá e as festas en época romana a través de fontes secundarias. Nesta investigación fixáronse en aspectos como a vestimenta e accesorios, comida e bebida, música e baile. Reinterpretando roupa e accesorios que tiñan por casa fixeron as súas propias recreacións da vestimenta e recrearon posibles bailes de época romana.
Co resultados das súas investigacións o grupo recreou o 14 de xuñou n convivium romano con comida, decoración, vestimenta, música e baile da época, contribuíndo a manter vivo o patrimonio material e inmaterial de época romana no século XXI. A chuvia impediunos facer a celebración no xardín do eido, mais pasámolo igual de ben na aula!
Moitos parabéns polo traballo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario